Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose Viveiro FSF adestra con Morenín

O Frutas Jose Viveiro FSF contará coa presenza de Gonzalo Iglesias Alonso “Morenin”, adestrador do Poio FSF de división de honor feminina, que recentemente asinou co UJS TOULOUSE da división de prata masculina de Francia, para levar a cabo a última sesión de adestramentos da tempada 2014/2015

Todo un luxo para as xogadoras do Viveiro FSF o realizar unha sesión de adestramento ás ordes do que este ano foi elixido pola Asociación Nacional de Adestradores de FS como o mellor técnico da división de honor feminina e que desenvolverá sobre a pista a “bateria de exercicios” que presentará no congreso ANEFS que se desenvolverá en Xixón a vindeira fin de semana.

Exit mobile version