A praza da Mariña engalanarase coa emoción do futsal para que todos os rapaces/as ata os 18 anos poidan pasar unha entretida xornada lúdico-deportiva, de 16.00 a 18.00 horas. Unha pista de 3×3, unha portería inchable e futbolín xigante serán os escenarios principais das actividades para que todos os rapaces/as que o desexen poidan pasalo ben demostrando a súa puntería.