O goberno municipal de Mondoñedo, ante o anuncio do PP de comezo das obras para pechar a pista cuberta do colexio público Alvaro Cunqueiro Mora promovidas pola administración autonómica, quere manifestar:
1º.- Que a día de hoxe non consta no concello de Mondoñedo ningunha solicitude de licenza para as obras que se están a executar, nin proxecto ou memoria valorada que definan as unidades de obra que se pretenden levar a cabo.
2º.- Que calquer actuación no ámbito de afección do camino de Santiago (como é o caso), precisa da correspondente autorización de patrimonio. Autorización previa á concesión da licenza municipal.
3º.- Que este goberno municipal valora positivamente calquer posible mellora nas instalacións do grupo escolar, pero isto non exime nin ao PP nin a administración autonómica de cumprir coa normativa legal vixente.