Site icon Crónica3.com A Mariña

O Hotel Vila do Val ofrece unha variada e exquisita oferta gastronómica durante este verán

Ferreira, 23 de xuño de 2015. O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, preparou unha variada e exquisita oferta gastronómica para este verán. Aquelas persoas que se acheguen ás súas instalacións poderán gozar de luns a venres ao mediodía de menú do día por 9 euros. Os sábados haberá menú de xantar por 12 euros. E os sábados cea e domingo comida ofrecerán un menú especial de fin de semana por 19 euros.

María Hermida, a directora do hotel Vila do Val, sinala que “o que queremos é que os nosos clientes gocen dun amplo abanico de posibilidades no noso restaurante todos os días da semana”. Ademais durante o verán o Vila do Val ofrece na súa terraza: carta de gin tonics, de cafés e de xeados.

Desde o hotel Vila do Val a súa directora recorda que “ademais nos nosos salóns acollemos a celebración de vodas, bautizos, comuñóns, reunións de empresa ou familiares”. O teléfono para pedir orzamento ou para facer reservas no hotel e no restaurante é o 982 57 16 53.

Exit mobile version