Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro da a coñecer o seu método de ensino sobre peiteado no I Congreso de Imaxe Persoal

O IES Perdouro acolle o luns 22 de xuño o I Congreso de Imaxe Persoal que se desenvolverá ó longo da mañá con arreglo ó seguinte programa:

08.30 horas: RECEPCIÓN CONGRESISTAS, Biblioteca IES Perdouro, Burela (LUGO)

09.00 horas: SESIÓN DE APERTURA. Inauguración autoridades académicas

09.15 horas: CONFERENCIA. Asesoría de Imaxe persoal e corporativa. O poder da Imaxe pública
D. Javier Rouco Martínez. Profesor Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro

10.15 horas: CONFERENCIA. Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar no IES Perdouro. Ciclo Superior de Estilismo e dirección de peiteado
Dna. Mº del Carmen Faraldo Sánchez. Profesora Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro

10.45 horas: CONFERENCIA. Módulo I: “Peiteados e recollidos”. Módulo II: “Cambios de forma permanentes no cabelo”
Dna. Tania Trigo Trigo. Profesora Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro

11.00 horas: CONFERENCIA. Módulo III: “Coloración capilar”. Módulo IV: “Estética de mans e pés”
Dna. Mª del Carmen Faraldo Sánchez. Profesora Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro

11.15 horas: PAUSA CAFÉ

11.45 horas: CONFERENCIA. Módulo V: “Peiteado e estilismo masculino” (módulo de nova incorporación no título de grao medio de Peiteado e cosmética capilar) e Módulo VI: “Técnicas de corte do cabelo”.
D. Javier Rouco Martínez. Profesor Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro.

12.00 horas CONFERENCIA.Módulo VII: “Formación e orientación laboral” e Módulo VIII: “Empresa iniciativa e emprendedora”.
Dna. Laura del Río Quiroga. Profesora Dpto. Formación e orientación laboral IES Perdouro.

12.15 horas: CONFERENCIA. Módulo IX: “Análise capilar”. Módulo X: “Cosmética para peiteado”. Módulo XI: “ Imaxe corporal e hábitos saudables” e Módulo XII: “Márketing e venda en imaxe persoal”.
Dna. Elena Canay Parga. Profesora Dpto. Imaxe persoal IES Perdouro.

12.30 horas: CONFERENCIA. Presentación “Secretos del agua”: Cosméticos profesionais a base de auga dipolar, sen tóxicos. Lodos e pigmentos ao aceite para o pelo.
Dna. Isabel Dayán Souto. Directora de salón “Isabel Dayán estilistas” Viveiro.

13.00 horas: CONFERENCIA. Marca persoal. A fotografía e a súa relación coa Imaxe Persoal
Dnas. Andrea González e Sabela Blanco, empresarias da productora audiovisual “A Caixa Escura producións” Burela.

13.30 horas: MESA REDONDA: “Achegámonos desde o IES Perdouro ás empresas”. Módulo XIII: “Formación en centros de traballo.
– D. Javier Rouco Martínez (Moderador da mesa). Profesor responsable de Formación en en centros de traballo na rama de Peiteado no IES Perdouro.

– Dna. Ana Isabel Rodríguez Nogueira. Directora de salón de peiteado “Ana Nogueira” Burela (Empresa colaboradora en FCT)
– Dna Mª Teresa Raviña Rosende. Directora de salón de peiteado “Sita Peluquería Belleza” en Santiago de Compostela (Empresa colaboradora en FCT).
– Dna. Isabel Dayán Souto. Directora de salón de peiteado “Isabel Dayán Estilistas” en Viveiro (Empresa colaboradora en FCT)
– Dna. Leandra Prado Leal. Alumna do Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar no IES Perdouro (Promoción actual 2013-15)

14.00 horas: CLAUSURA DO CONGRESO.

Este congreso ten como fin “establecer un encontro entre o corpo docente do departamento de Imaxe persoal
do IES Perdouro e os profesionais daquelas empresas que colaboran connosco no módulo de Formación en centros de
traballo. Nesta reunión tamén imos dar a coñecer o método actual de ensino na Formación Profesional de peiteado”.

O departamento de Imaxe persoal do IES Perdouro ten unha longa historia de formación, sempre apostando polo ensino de calidade. Moito do noso alumnado adestrado nesta escola son agora parte dos profesionais da industria da Imaxe persoal.

“Queremos presentar unha visión alternativa para profesionais e presentarlles cosméticos capilares de
ingredientes naturais máis saudables que atenden ás esixencias dunha sociedade máis informada sobre os
riscos do uso e abuso de substancias tóxicas que teñen algúns produtos”.

Exit mobile version