Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Vilar Ponte de Viveiro consegue un 100% de aprobados na Selectividade

Viveiro, 23 de xuño de 2015.- O IES Vilar Ponte de Viveiro comprácese en comunicar o 100% de aprobados dos alumnos de 2º Bacharelato presentados na selectividade nesta convocatoria de xuño. Do total 26 alumnos presentados, 6 deles acadaron unha nota media superior ao 8,75 entre o bacharelato e a selectividade, optando, deste xeito, aos Premios Extraordinarios de Bacharelato convocados polo Servizo de Avaliación e Calidade Educativa do Sistema Educativo da Consellería de Educación.

O Claustro de profesores felicítaos por estes excelentes resultados e anímaos a seguir con esforzo e ilusión os estudos universitarios escollidos como primeira opción, desexándolles unha nova etapa educativa inzada de éxitos.

Exit mobile version