Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo di que González Santín quedou desautorizado e emprazan ao BNG a explicar se apoiará a Martínez un presidente da Deputación imputado

Lugo, 19 de xuño de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, considera que a contundente derrota do secretario provincial dos socialistas lucenses, Juan Carlos González Santín a mans do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, na candidatura para a Presidencia da Deputación, supón unha desautorización en toda regra do número un de Besteiro na provincia; pero tamén coloca ao PSOE nunha situación de debilidade que xa optan por un candidato sobre o que pesa unha imputación xudicial, isto é, está baixo o punto de mira da Xustiza.

O MESMO CRITERIO QUE CON OROZCO
O dirixente popular reta ao BNG e aos seus máximos responsables provinciais a explicar si apoiarán á candidatura á Presidencia da Deputación de Lugo de un imputado ou si, pola contra, manterán o mesmo criterio ético do que presumen e que, por exemplo, deu lugar á forzada saída de Orozco como alcalde de Lugo. Os nacionalistas deben deixar claro si o que valeu para Orozco vale para Martínez, ambos en idéntica situación xudicial.

CÓDIGO ÉTICO DE QUITA E PON
Balseiro insiste en que o movemento feito polos socialistas obriga aos nacionalistas –que teñen á chave de goberno da Deputación- a que expliquen ante os lucenses que criterio van a seguir e sobre todo, se van a investir como Presidente, co seu imprescindible apoio, a unha persoa sobre a que pesan graves indicios de actuacións presuntamente delicitivas e polas que foi imputado pola Xustiza, e que ademais teñen que ver coa súa xestión na departamento de vías e obras provincial. Os populares insisten en que o BNG ten que aclarar aos lucenses se o seu código ético se aplicará ou é de quita e pon.

Exit mobile version