Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz reuniuse con veciños da praza Conde de Fontao

Foz, 27 de xuño de 2015.- Persoal do PSdeG de Foz reuniuse con veciños da Praza Conde de Fontao que lle mostraron o seu desencanto derivado das molestias que teñen para acceder cun vehiculo as suas casas.

Os membros do PSdeG mostraronse dispostos a mediar diante do alcalde e presentar a moción seguinte no Concello:

O PSdeG-PSOE de Foz, a través do seu grupo municipal :Francisco Ramalleira Fraga , Ángeles Veiga Varela, Jose María Linares Rodríguez, presenta ante a Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN:

Que os veciños/as residentes e propietarios colindantes coa praza PRAZA CONDE DE FONTAO teñen dificultades para poder acudir con vehículo aos portais das vivendas de residencia, pola la decisión do Sr Alcalde de impedir a circulación na mencionada rúa.
Que está decisión foi tomada sen o diálogo oportuno cos veciños/as

O PSdeG-PSOE de Foz, presenta a seguinte MOCIÓN , para que a Corporación Municipal inste ao Goberno Municipal a:

-Modificar o plan de tráfico na zona, para que os residentes/propietarios podan entrar e saír con normalidade no acceso as súa vivendas, así como servizo de taxi, servizos técnicos ou de emerxencias.
-Os residentes ou propietarios de vivendas , terán unha tarxeta de residente para colocar no seu vehículo, e así permitir o estacionamento temporal limitado fronte ao seu portal para poder cargar, descargar,recoller persoas.

Exit mobile version