Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE provincial reitera que Manolo Martínez debe ser o presidente da Deputación, pois a súa proposta foi ratificada pola executiva e pola dirección federal

Lugo, 23 de xuño de 2015.- O PSOE provincial, diante a situación na que atopa a elección da presidencia da Deputación de Lugo, quere lembrar publicamente que a de Manolo Martínez é a única proposta oficial que existe ao respecto, pois esta foi ratificada pola executiva na reunión celebrada o pasado venres, así como pola dirección federal do PSOE.

Deste xeito, Juan Carlos González Santín amosa, unha vez máis, o seu apoio ao alcalde de Becerreá, xa que “o Partido xa tomou unha decisión”. “Creo que temos que ser serios e responsables non só coas nosas siglas, senón tamén cos cidadáns que, o pasado 24 de maio, outorgaron ao PSOE os mellores resultados da historia na provincia”, afirma.

Asimesmo, e dadas as esixencias do Bloque Nacionalista Galego, González Santín apela á responsabilidade desta formación política. “Confío plenamente en que os dirixentes do Bloque Nacionalista Galego teñan altura de miras e, finalmente, o apoien a elección de Manolo Martínez como presidente, xa que a súa inculpación é por un procedemento administrativo”. E é que, asegura, “non se está respectando a súa presunción de inocencia, pois nin tan sequera se lle abriu xuízo oral”, conclúe.

Exit mobile version