Site icon Crónica3.com A Mariña

O vello ritual

Dende tempos inmemoriais, chegada a celebración da romaría do Santo, iniciábase ésta co que é un vello ritual: a traslación da imaxe do bispo Gonzalo, a véspera, dende a igrexa de San Martiño, ata a capela conmemorativa do milagre do afundimento das naves normandas, no alto da Grela. Alí o Santo recibía, no seguinte día, luns de Pentecostés, a homenaxe relixiosa dos romeiros en forma de oracións; a pagana, con entusiastas ofrendas báquicas e gastronómicas, e tamén a lúdica, coas danzas, músicas e gaitas. Trátase de ancestral historia, á que levan prestado atención historiadores, escritores e poetas. No número de maio de 1911- hai 104 anos – da revista “ Vida Gallega”, Alfredo G. Dóriga publicaba un artígo co título “ El Obispo Santo. Leyenda galaica”, no que do contorno da igrexa fai esta curiosa descrición: “Hállase San Martín distante del mar y escondida, como la gruta de una gamuza, entre las rocas de los montes. Elévase, entre cuatro casas negruzcas, de humilde apariencia, la soberbia y antiquísima iglesia, cuyas bellezas restaurara, en el siglo XIX, el obispo de Mondoñedo, don Ponciano de Arciniega. Parece aquel soberbio montón de piedra un gigante caído en la concavidad de la montaña, para ser arrullado por el quejido de la tempestad y por el eco bramador del espumoso torrente….allí sólo se ven alturas y barrancos, cañadas y montes, y desde la aldea llamada El Carmen podrá descubrirse una hermosa extensión de terreno. Descendiendo de él distinguireis el lugar de Mourente, y en la llanura, salpicada de melancólicos pinos, la capilla del obispo Santo, que la piedad de los fieles erigió al venerado Gonzalo, al que se atribuye que en dicho punto prestó su intervención para hacer naufragar a una escuadra normanda….” O escritor relata a lenda, coñecida por todos, envolta en roupaxe literaria, romántica e grandilocuente, tan do gusto da època…

Son outras as modas e outros os modos; pero no fondo é sempre igoal: a xuventude, a ilusión, a alegría e o amor, serán hoxendía, como o foron onte, os protagonistas nesta nova edición do vello ritual…

Suso Fernández

Exit mobile version