Site icon Crónica3.com A Mariña

Os catro concelleiros do Partido Popular en Lourenzá constitúense como Grupo Municipal

Lourenzá, 18 de xuño de 2015.- Os catro concelleiros do Partido Popular en Lourenzá constitúense como Grupo Municipal do Partido Popular. Quedando designada portavoz do mesmo a anterior alcaldesa Dona Emma Alvarez Chao e viceportavoz Don Javier Rodríguez Barrera.

Este mércores celebrouse pleno urxente no cal o partido popular en Lourenzá nomeu vogal da Comisión Especial de Contas a Dona Emma Alvarez Chao e suplente a Don Pablo Maseda Fernández.

Dende o Partido Popular de Lourenzá valoramos positivamente a baixada de soldo da actual alcaldesa, 8.400 € anuais, aínda que mantemos a postura de que un acalde non é caro nin barato en función do salario, senón da adicación e das xestións realizadas.

A portavoz popular recordou que ela se baixou o soldo a si mesma 1500 € brutos mensuais cando tomou posesión, aportou a última nómina da empresa na que traballaba como referencia, non sabemos en que se basa a nova alcaldesa para fixarse o soldo.

Por outro lado, tamén foron críticos dende o partido popular co carácter urxente do pleno, cuxa finalidade foi fixar o soldo da Alcaldesa, xa que, se podía aproveitar a mesma convocatoria para designar as concellerías e a representación en distintas entidades (Mancomunidade, GDR, …), en definitiva o organigrama de traballo do actual equipo de goberno, que, ata onde sabemos, sen asignar a día de hoxe.

Por outro lado, tamén foron críticos os populares co feito de que a convocatoria deste pleno fora anunciada aos veciños a través do perfil de facebook Lourenzá socialista, en lugar de facelo a través das plataformas oficiais do Concello. (Web, facebook, bandos, … )

Exit mobile version