Site icon Crónica3.com A Mariña

Os irmáns Galante Briones, campións do Trofeo Federación galega de tiro con arco

angel-podioArteixo acollía este domingo 31 de maio o Trofeo Federación Galega de tiro con arco – Xunta de Galicia en Aire Libre onde os irmáns Gabriel e Ángel Galante Briones lograron candansúa vitoria nas súas respectivas categorías.

Os arqueiros do Club Iadovi de San Cibrao lograron dúas vitorias en Arteixo. Ademais de Gabriel Galante que conseguía a primeira praza con 632 puntos na categoría cadete e Ángel Galante Briones que se alzaba tamén co primeiro posto en alevíns; tamén participaron Francisco Melo Bothelo (520 puntos) e a súa irmá Beatriz. Ambos lograban sendas cuartas prazas na cadegoría cadete e alevín, respectivamente.

Ana María Briones Montes conseguía a cuarta praza na categoría sénior con 427 puntos, a tan só un do terceiro posto.

Exit mobile version