Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras celebrou este sábado o seu Día do Socio con máis de douscentos participantes

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 27 de xuño de 2015.- Máis de douscentos sendeiristas participaron este sábado no Día do Socio da asociación Pasada das Cabras de Burela. Asistiron sendeiristas de toda a Mariña, así como de Lugo e Asturias. As asociacións representadas con maior numero de camiñantes foron Pena Furada de Navia, Sociedade Micolóxica Lucense de Lugo, Terras de Lourenzá e Os Sendeiros de Foz, ademais doutras.

O día amenceu con bastante néboa, pero foi abrindo unha vez que os camiñantes se puxeron en marcha no Monte Buio (punto de partida), despois de percorrer 9 Km. por pistas dos eólicos remataron no Monte Castelo onde lles esperaba unha suculenta comida. A música púxoa o incombustible Juan de Ferreira e a xornada rematou cunha queimada para todos os asistentes.

En fin, un día de sendeirismo, compañeirismo, diversión e moi bo rollo.

Dende Pasada das Cabras agradecen a todas as asociacións participantes a súa presenza, así como á Asociación Esperanza de Burela (loita contra o cancro), cos que compartiron espazo e festa neste día.

Exit mobile version