Alumnado, pais, nais e demais asistentes á concorrida gala repasaron as alegrías da tempada nunha animada proxección audiovisual, con avance dalgunhas novidades para 2015-16. Como broche final, todos os pequenos/as deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir un diploma do curso 2014-15 e cadanseu chaveiro personalizado.
Últimos días para formalizar a matrícula 2015-16
Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.