
Viveiro, 13 de xuño de 2015.- O venres 12 de xuño tivo lugar no Club Náutico Casino de Viveiro a presentación do libro “Naufraxios nas Costas Galegas” escrito polo antropólogo Ramón Patiño Gómez, coa colaboración de Yago Abilleira Crespo, quen brindou unha amena charla aos asistentes, que sorprenderon polo seu interese, entusiasmo, e coñecemento da temática, participando activamente.
O próximo venres 19, ás 21 horas, Miguel San Claudio Santa Cruz dará unha conferencia sobre “A fragata Magdalena: pasado, presente e futuro dentro dun proxecto de investigación”
Estas actividades culturais, abertas a todo público e gratuítas, están enmarcadas dentro dos actos do Centenario do Casino.