Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e VIA gobernarán Alfoz en coalición

Alfoz, 12 de xuño de 2015.- Ante a celebración da sesión constitutiva da nova corporación do Concello de Alfoz e a elección de Alcalde fixada para este sábado 13 de xuño ás 12 horas, as agrupacións do PSdeG-PSOE de Alfoz e a de Veciños Independentes de Alfoz (VIA), fan público este comunicado conxunto onde dan a coñecer o acordo asinado entre os membros electos das dúas formacións, subscrito ca intención de dotar a Alfoz dun goberno estable para a nova lexislatura. O documento asinados contén as seguintes cuestións:

1. Investidura.
As agrupacións asinantes respaldarán coas súas actas a Jorge Val Díaz como alcalde de Alfoz na toma de posesión a celebrar o vindeiro día 13 de Xuño de 2015.

2. Programa de goberno.
O PSdeG-PSOE de Alfoz e Veciños Independentes de Alfoz (VIA), seguirán un programa de goberno no que se respecten os programas electorais de ambas agrupacións, sendo prioritarias aquelas cuestións comúns en ambos.

3. Esquema de goberno.
O goberno estará dividido nas áreas de Réxime Interior e Servizos, asumida polo alcalde Jorge Val Díaz, á que pertencerá o servizo de atención cidadá; Desenvolvemento Local, que incluirá a area de Cultura, asumida por Xabier Pardiñas Suárez; Educación e Xuventude, que incluirá a area de Formación, asumida por Maria Carmen Hermida Vizoso; Benestar Social, asumida por Carmen Dolores Geada Maseda; e Medio Ambiente e Medio Rural, asumida por Cándido Paleo Rejes.

4. Dedicacións e asignacións dos membros do goberno.
Á parte da dedicación do Alcalde, propia da súa función, existirá unha dedicación parcial por parte do Tenente Alcalde. As asignacións por dedicación así como as indemnizacións por razón de servizo dos membros do goberno serán aprobadas antes do pleno de aprobación da organización e funcionamento do goberno.

Os membros de PSdeG-PSOE e VIA chegan a este acordo coa intención de traballar polos intereses dos veciños e veciñas de Alfoz. Por outra parte agradecen a predisposición mostrada polo actual goberno para facilitar o traspaso de poderes de forma que se realice de forma rápida e exemplar.

Exit mobile version