Site icon Crónica3.com A Mariña

Quince profesores de automoción de toda Galicia e dous alumnos da UVIGO participaron nos “Fins de semana tecnolóxicos” de APAGA en Ribadeo

la foto 1Ribadeo, 30 de maio de 2015.- APAGA (Asociación de Profesores Técnicos e de Ensinanza Secundaria de Automoción de Galicia) dentro do seu programa de formación denominado Fins de semana tecnolóxicos, que este sábado se iniciaba no hotel o Cabazo, en Ribadeo, abordou nesta primeira cita a iniciación á reprogramación de centralitas. O curso, que tivo unha duración de 8 horas, foi impartido por Juan José Piñeiro Filgueiras.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, contou que “abordamos cuestións coma os tipos de centralitas, a lectura de datos, equipos de lectura/escritura e software de modificación”.

Neste primeiro fin de semana tecnolóxico participaron 15 profesores de Ferrol, Lalín, Coruña e Verín, ademais de Ribadeo, así como dous alumnos da Universidade de Vigo do proxecto UVigoMotorsport, que consiste no deseño e construción dun monopraza de altas prestacións para competir na fórmula Student entre varias universidades europeas.

O vindeiro fin de semana tecnolóxico de APAGA será o 4 de xullo. A inscrición está aberta.

Exit mobile version