Site icon Crónica3.com A Mariña

Quinta etapa de peregrinación a Compostela dende Barreiros

peregrinacion-barreirosA pasada fin de semana seguiu a peregrinación a Compostela, a través do Camiño Norte, que organizou o Concello de Barreiros. Os participantes están a realizar este treito en nove etapas. A primeira tivo lugar o 9 de maio e a quinta foi a realizada o pasado sábado, 6 de xuño. Os asistentes realizaron o tramo comprendido entre Baamonde e Miraz e cunha lonxitude de 20 kilómetros. Ata o punto de saída desprázanse en autocar, fan o camiño e despois retornan en bus ata Barreiros. O concelleiro José Manuel Gómez Puente sinala que “a experiencia está a resultar moi positiva. É un grupo moi unido no que reiña a amistade e a solidaridade”.

Exit mobile version