Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramallal renova un novo ano á fronte do primeiro equipo das ED Lourenzá

Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano máis á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.

Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como a de 1ª autonómica.

Exit mobile version