Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata en Ribadeo a programación de “A Mariña Mov” coas sesions de Neuromovemento Cranial cheas e lista de reservas

Ribadeo, 1 de xuño de 2015.- Remata a programación de A Mariña Mov coas Sesions de Neuromovemento Cranial impartidas polo osteópata Juan Carlos Concha. Fecharonse todas as prazas ofertadas con persoas da Mariña e que veñen doutras partes de Galiza.

Desde a organización, Oficina Galega de Outros Asuntos do Movimento e aCentral Folque, así como desde o Concello de Ribadeo somos conscentes da grande demanda que ten esta plataforma de Neuromovemento Cranial e agardamos poder seguir abrindo espazos de aprendizaxe de arte e saúde en próximos eventos.

Sesións Neuromovemento Cranial, por Juan Carlos Concha Matus.
Datas e Horarios: Do 4 ao 8 de Xuño. Todos os días desde as 10.00 h. ata as 14:00 h. e de 16.00 h. ate 20.0o h.
Lugar Hotel Cabazo , Ribadeo.
+info: http://neuromovement-cranial.com/

Impartidas por Juan Carlos Concha Matus, afincado en Mallorca, osteópata formado no Método ABM -Anat Baniel Method- de Fendelkrais (San Rafael, California) e practicante do mesmo en diferentes países europeos: Rusia, Dinamarca, Alemania… A súa longa experiencia con nen@s e adultos con (e sen) diversidade funcional achega un importante avance na diversidade funcional na Galiza desde outubro de 2013. Esta é a primeira vez que se practica na comarca de A Mariña .

NeuromovimientoCraneal é a súa plataforma, ferramenta principal para traballar con adultos e nenos. Un enfoque e técnica refinada no tacto e movemento, aproveitando ao máximo a plasticidade natural do sistema nervioso e a respiración primaria sanadora dos tecidos corporais. Nesta ocasión presenta unha programación de cinco xornadas con sesións individuais todos os días ata completar as prazas.
O público ao que están dirixidas son todas aquelas persoas que queiran profundizar no seu propio potencial a través do movemento. En particular a:
-Adultos con dores crónicos ou limitacións de movemento.
-Nenos con necesidades especiais e ás súas familias.
-Terapeutas manuais que queiran ampliar as súas técnicas e recursos.
-Profesionais da saúde, a docentes, a artistas (de música, teatro, danza…)
-Docentes especializados en educación física, plástica e música.

Exit mobile version