O rexedor contou que “hoxe a mediodía tivo lugar no porto a tradicional ofrenda floral no porto, con motivo do remate das festas patronais do noso concello na honra da Virxe do Carme e de San Xoán Bautista. Alí nos xuntamos do porto, a parte de representantes do Concello, da Confraría de Pescadores e de Armadores de Burela, familiares de mariñeiros que teñen deixado a súa vida no mar, traballando para sacar adiante ás súas familias e para sacar adiante a esta vila”.
González Barcia dixo que “este é un día de moita emoción, de moitos recordos, e onde as familias e as persoas que alí asistimos nos une ese lazo con persoas queridas, ás que nós coñeciamos, e non hai un sitio onde poder ir visitalas, como por exemplo cando se enterran. É un día de moito sentimento. Vaia desde aquí o noso recordo para eles e tamén a nosa máxima consideración, cariño e afecto para os familiares dos mariñeiros falecidos no mar”.