Rosalía Rodríguez acadaba o subcampionato galego nos 400 valados xuvenil. A pesar de non estar entre as 3 mellores do ranking baixou en 3 segundos a súa mellor marca persoal para acabar no podio.
Ademais, a atleta Carmen L. Diniz obtiña un meritorio cuarto posto no triple salto.
Rosalía Rguez 400 vallas 2ª FINAL 1,12,91
Rosalía Rguez Lonxitude 5ª Final 4,36
Eugenio Pérez 100 lisos Semifinal:7º 12,65
Eugenio Pérez 2000 obst. 6º Final 8,02,2
Carmen López Diniz Triple salto 4ª Final 9,26
Carmen López Diniz 2000 obst. 6ª Final 9,16,5
Ivilene Pereira 100 lisos Semifinal: 4ª 14,45
Ivilene Pereira Lonxitude 7ª Final 4,30
Aaron Rivas 2000 obst. 5º Final 7,07,4
Galego de atletismo das categorías inferiores
O vindeiro sábado 13 de xuño terá lugar en Ferrol o Campionato Galego de Atletismo das categorías inferiores -benxamín, alevín e infantil- onde, de novo, os atletas do Maderas Barcia Lourenzá-Mondoñedo tentarán alcanzar o seu protagonismo.