Site icon Crónica3.com A Mariña

San Martiño acollerá este venres unha representación do grupo A Adala dentro do ciclo de teatro de primavera organizado polo Concello de Foz

Foz, 24 de xuño de 2015.- San Martiño acollerá este venres, día 26, unha representación do grupo A Adala incluída dentro do primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas Parroquias, organizado polo Concello de Foz.

Será no local social da parroquia de San Martiño ás 21 horas con entrada gratuíta. A Adala representará a obra titulada Apreta pero non afoga.

Antes da representación recolleranse doazóns para o Banco de Alimentos de Foz.

Exit mobile version