Site icon Crónica3.com A Mariña

Sargadelos xa prepara a romaría 2015 por Santiago Apóstol

A.C.R. Fervenza de Sargadelos pon en marcha a Romaría de Sargadelos 2015 que se celebrará entre o venres 24 e o sábado 25 de xullo na honra a Santiago Apóstol.

O venres bombas de palenque ás 12.00 horas anunciarán o inicio das festas que ás 14.00 horas contarán coa música da orquestra Emperadores. A partir das 15.00 horas desenvolverase o xantar da romaría e, pola noite, ás 22.15 horas volverá a música da orquestra Emperadores que alternará co dúo Areal. Xa ás 03.00 horas será a quenda dunha sesión de djs.

E o sábado 25 de xullo, tamén se lanzarán bombas de palenque ás 12.00 para deixar paso ás 13.00 horas a unha misa solemne cantada polo coro parroquial seguida de procesión co grupo Airiños do Xunco. Para as 14.00 horas está prevista unha sesión vermú co grupo Montreal que ás 15.00 horas deixará paso ó xantar de merenda.

Ás 20.00 horas haberá pancetada e chourizada que despois deixará paso á verbena con Montreal e o dúo Kalima. A festa interromperase ás 00.00 horas para o conxuro da queimada a cargo de Nando Blas, queimador maior de Galicia.

Haberá zona de acampada gratuíta.

Exit mobile version