Site icon Crónica3.com A Mariña

“Shopping Weekend: Compras de cine”, nova campaña do Centro Comercial Histórico de Viveiro

2x5 SHOPPING VIVEIROViveiro, 11 de xuño de 2015.- O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 12 e o sábado 13 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 56 comercios participantes na campaña e gozar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lenzaría, xoias, mobles, decoración, perfumaría, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.

Os locais participantes son Óptica Rosario, Confecciones Justo Vázquez, DK@tivos, Muebles Iglesias, Platax, Regalos Sulian, Madrás, Mis Personajes, Benetton, Caché, Chasis, Cuplé, Jonathans, Óptica Casariego, Las Fidalgas, Tacones, Kody, Kody Kids, Roupa, Calzados Albo, Albo Zapaterías y Albo zapatillería, Piti Deportes, Luxury, Oscar Rodríguez Joyeros, Deportes Cota, Roq Sport, Van Surf Shop, Fontana, Dandara, Canela Lencería, Ferretería Luis, Miss-tic, Tiendas Verdes, Librería Neira, Estanco Casanova, Foto Carlos, Joyería Paleo, Equivalenza perfumes, Muebles Catá, Foto Oliver, El Zoco, Estanco Couceiro, Depidel, Hostelería Beiramar, Carnicería Mariño, Kandela Iluminación, Todoriginal, Nacar, Raquel Seijido, Kalea platería, Phonetecnics, Nua Moda, Paquetería Mónica e Cesar Cocina y Baño.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, bandeirolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librarías ou perfumarías. Deste modo para o cliente é moi doado identificar aqueles locais nos que poderá gozar da campaña de descontos.

Ademais, para premiar a fidelidade dos clientes, coas compras realizadas no Shopping deste fin de semana regalaranse aos clientes convites para asistir o xoves 18 de xuño á inauguración dos Cines Viveiro. En total serán 600 convites para o pase das 21 horas á película Fast Furious 7. O modo de conseguir a entrada será moi sinxelo, colocarase a carpa da Asociación na Praza Maior o venres pola tarde e o sábado, aos primeiros 600 clientes que se acheguen cun tícket de compra de calquera dos comercios participantes no Shopping regalaráselles un convite.

Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.

Exit mobile version