Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres músicos debutaron no concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Ribadeo

concerto-bandaRibadeo, 1de xuño de 2015. No concerto da Banda de Música Municipal de Ribadeo para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebrado o pasado sábado no Cine Teatro ribadense, debutaron as frautistas Paula Pérez e Eva Iglesias e o clarinetista Alberto Clemente.

A banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou as obras A Freixa, de R. e F. Groba; Sinfonía nº 2.Andante; de A.Gaos con arranxos de Hernán Naval; Fantasía en Do, de David Fiuza; Banda Galega, de F. Pérez Seara; Na Rúa do Porto, de A. Fernández; As Penelas, de F. Pérez Seara; Unha noite na eira do trigo, de Xoan Montes; Brincadeira, de A.Saavedra; e rematou o concerto co himno galego.

A próxima actuación programada pola Banda de Música Municipal de Ribadeo será con motivo do XXI Festival de Bandas, que se celebrará o día 27 deste mes de xuño ás 19:30 horas no ribadense parque de San Francisco.

Exit mobile version