Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha burelesa, premiada no certame provincial de narración e debuxo das Letras Galegas

A Biblioteca Pública Municipal de Burela e o Concelleiro de Cultura, José Díaz, felicitan a Serea Cayón Villamil, alumna do C.E.I.P.Vista Alegre, polo premio acadado no Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas” na súa fase provincial, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Á fase provincial chegaron tódolos premiados das distintas Bibliotecas Municipais da provincia de Lugo.

Os premios serán entregados o vindeiro venres, 26 de xuño ás 18.00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Nodal.

Exit mobile version