Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha terra do carallo

Había unha vez un territorio situado o norte de unha peninsula que se negaba a saír da Idade Media, un país anómalo situado máis aló da razón, no que mitos e lendas dominaban os espazos públicos, subidos, como foguetes festeiros, por encima de púlpitos, igrexas e catecismos. Había un país onde os curas gobernaban extramuros e case todo o mundo permitíallelo por acción ou omisión, impoñendo a súa concepción da vida, enseñoreándose da moral e os costumes dos seus habitantes, ben fosen creentes ou ateos, relixiosos ou agnósticos.

Nese sitio, aconfesional segundo a súa Carta Magna, colexios financiados con diñeiro de todos adoutrinaban no culto a unha única relixión; e pese a que a Igrexa estaba exenta de abonar IBI a conta das súas innumerables propiedades, millóns de euros do orzamento público ían parar ao seu sostenimiento económico.

Nese insólito país, trufado de pompa e boato, eran habituais as condecoraciones a personaxes de ficción.

Nese estrano habitaculo ningún político fose de esquerdas, deretas ou do medio non se negába a gozar da súa posición preferencial en misas e procesións, sempre en primeira fila, sempre arrodillados, sempre dicindo amén. Os seus tomas de posesión estaban presididas pola cruz e a biblia, que substituían ao respecto á diversidad. E ¡ai daqueles que se negasen a asumir ese rito! Pois corrían o risco de ser insultados e ata imputados por elo, mentras os chourizos mangantes saen libres da carcere a os catro días.
Nese país ao revés as capelas católicas invadían universidades públicas desde onde os curas predicaban contra a liberdade das mulleresl.

Pero sucedeu que un bo día ese país liberouse por fin da obligatoriedad da fe e do seu teatro. E ese foi un día feliz.

E de supeto despertei e decateime que o soño soio era o da ultima frase.

Otero Regal.

Exit mobile version