Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa e a Asociación de Amas de Casa Alborada de San Cibrao imparten un taller de cociña saudable para nen@s e moz@s

Voluntarios de Alcoa San Cibrao e a Asociación de Amas de Casa Alborada de San Cibrao ofrecen o luns, 29 de xuño, un taller de cociña natural con produtos de tempada para ensinar a nenos e mozos a elaborar unha cociña fácil pero saudable. Fundación Alcoa apoia esta iniciativa dos traballadores da fábrica da Mariña cunha achega de 3.000 dólares a devandita organización.

No taller, os voluntarios de Alcoa xunto cos demais participantes elaborarán varias receitas de cociña para menús que inclúan as proteínas e vitaminas necesarias, pero con baixo colesterol e evitando as graxas saturadas. Ilustrarán aos mozos sobre os alimentos adecuados para a dieta sa, equilibrada e adecuada ás súas necesidades e etapas vitais, co fin de que aprendan a valorar como se alimentan e o que comen.

A Asociación de Amas de Casa Alborada de San Cibrao é unha organización independente que realiza actividades sociais, culturais, deportivas e de información sobre a saúde e alimentación, e que colabora co concello de Cervo en actividades relacionadas ou dirixidas á muller. Fundada en 1993, na actualidade conta con 116 socias de todas as idades.

Exit mobile version