Xornada BTT en Bembibre para 2 dos ciclistas do ED Lourenzá
edicion2
Javi Tarangu e Javier Peixe, do ED Lourenzá Ciclismo, remataron o maratón do Open de España de BTT en Bembibre o pasado domingo 21 de xuño sen incidentes exceptuando un pinchazo de Javi Tarangu nos últimos quilómetros da carreira por un recorrido esixente, pero moi bonito con subidas duras e baixadas moi técnicas. Ó final dos 70 quilómetros Javier Peixe entraría no posto 58 da xeral e 9 máster 40 cun tempo de 03:36:46, e Javi Tarangu no posto 103 da xeral cun tempo de 04:14:13. Na proba participaron tamén Javi Busto, Brandán Márquez, Pedro Romero, Paco Mancebo, del Nero, Turjillo, etc.