Site icon Crónica3.com A Mariña

XVIII Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, este sábado 4

36Celeiro, 30 de xuño de 2015.- Dende o mes de xullo de 2013 A FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO foi declarada FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da Comunidade Atónoma Galega, sendo un reclamo cultural extraordinario para todo visitante

Este vindeiro sábado 4 de xullo terá lugar en Celeiro, na lonxa vella do porto, a XVIII edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

Sete son as especialidades que se servirán e manteranse os precios do ano pasado:

Empanada de merluza: 3,00 €
Galipizza de merluza: 3,00 €
Merluza “A Galega”: 8,00 €
Merluza en salsa verde: 8,00 €
Salpicón de merluza: 8,00 €
Caldeirada de merluza: 8,00 €
Merluza especial Penalba: 8,00 €

O grupo de gaitas Nova Semente de Celeiro amenizará a degustación e, ao finalizar, servirase unha queimada popular e gratuíta.

Dende a Organización convidámosvos a todos a acudir á festa e disfrutar con nos dun dos mellores productos galegos, a merluza, e a que disfrutedes tamén do entorno mariñeiro do noso Porto de Celeiro.

Exit mobile version