Site icon Crónica3.com A Mariña

25 saharauis chegan este martes a Lugo para pasar o verán con familias lucenses

Lugo, 5 de xullo de 2015.- Este martes, entre as 10:00 horas e as 12:30 horas, chegará a explanada da Deputación de Lugo un autobús con 25 nenos e nenas saharauís. É a primeira vez que os pequenos e pequenas serán recibidos diante dunha Institución.

Os cativos e cativas, que veñen a pasar os dous meses de verán con diferentes familias da provincia lucense, virán acompañados polos responsables das delegacións de A Mariña, Monterroso, Sarria e Vilalba e serán recibidos polas súas familias de acollida e pola deputada delegada da Área de Benestar, Igualdade e Xuventude da Deputación de Lugo, Mari Teijeiro.

Algúns dos pequenos e das pequenas repiten a experiencia e outros chegan por primeira vez.

Exit mobile version