Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá considera que a declaración do Camiño Norte de Santiago como Patrimonio da Humanidade contribuirá a dar a coñecer os atractivos do municipio en todo o mundo

Lourenzá, 6 de xullo de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, considera que a declaración do Camiño Norte de Santiago como Patrimonio da Humanidade é moi positiva para o municipio porque contribuirá a dar a coñecer os seus atractivos en todo o mundo.

A rexedora manifestou que “é unha forma de dar a coñecer toda a riqueza non só paisaxística senón tamén arquitectónica e cultural que ten o noso concello. Isto contribuirá dun xeito moi importante a que Lourenzá sexa escollido como destino turístico. Será sen dúbida un reclamo e un atractivo para todos os peregrinos e fará que Lourenzá sexa máis coñecida non só a nivel nacional senón tamén en todo o mundo”.

Exit mobile version