Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, participou na manifestación deste venres en Santiago en defensa do sector lácteo

170715 FOTO ALCALDESA DE LOURENZÁ NA MANIFESTACIÓN DE HOXE EN SANTIAGOLourenzá, 17 de xullo de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participou na manifestación celebrada este venres en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo.

A rexedora explicou que estivo nesa mobilización “masiva, cos miles de gandeiros e gandeiras galegos, para esixirlle ao goberno da Xunta e ao señor Feijoo que escoite e axude dunha vez por todas ao noso rural e que free o desmantelamento e o desprezo que está a sufrir a gandaría de leite en Galicia. É preciso loitar por uns prezos dignos para o leite, porque a situación actual é insostible e os nosos gandeiros están vendendo a uns prezos tirados que non lles cobren nin de lonxe os custes de produción”.

Rocío López engadiu: “temos que unirnos, facer forza entre todos e loitar para defender o traballo digno dos nosos gandeiros e gandeiras. Fun a Santiago cos gandeiros e gandeiras de Lourenzá a sumar esforzos e unir a nosa voz á do resto de gandeiros da Mariña e de Galicia enteira para garantir que os gandeiros galegos e todas aquelas persoas que viven dun xeito directo ou indirecto do leite podan facelo dignamente. O goberno de Feijoo non pode facer caso omiso ás voces dos gandeiros galegos. Ten que actuar, porque nas súas mans está o futuro e a supervivencia das explotacións de leite galegas”.

Exit mobile version