Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro felicita a Adrián Ben polos seus “excelentes resultados” no Mundial de Cali

Como Alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quero felicitar a Adrián Ben polos excelentes resultados obtidos na final dos 2.000 metros obstáculos do Mundial de Cali (Colombia), celebrada na noite pasada.

Superando o seu propio récord, Adrián conseguiu acadar un sexto posto e posicionarse como mellor atleta europeo nesa proba tras realizar unha carreira brillante na que demostrou, unha vez máis, que é un deportista excepcional do que todos, como viveirenses, nos sentimos orgullosos.

Cun longo palmarés de títulos, triunfos e marcas e grazas ao seu talento, esforzo, superación e constancia, Adrián está a desenvolver unha traxectoria meteórica, cuns éxitos espectaculares e cun futuro máis que prometedor. Por todo isto, polos grandísimos resultados obtidos, por formar parte da historia do atletismo xuvenil, por levar o nome de Viveiro máis alá das nosas fronteiras, NORABOA!

Exit mobile version