Site icon Crónica3.com A Mariña

A bandeira azul da praia do Torno, recuperada este ano, foi izada este sábado pola concelleira de Medio Ambiente e Turismo de Cervo

110715 Foto izado O Torno 1Cervo, 11 de xullo de 2015.- A bandeira azul da praia do Torno, distintivo que recuperou este ano, foi izada este sábado pola concelleira de Medio Ambiente e Turismo en Cervo, Manuela Méndez Álvarez. Ao acto asistiu tamén o alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, e outros concelleiros da corporación municipal cervense.

O Concello de Cervo aproveitou a celebración da Foliada Nordestía en San Cibrao para levar a cabo este acto “cargado de simbolismo e bo facer, como é o izado da bandeira azul, que ademais supón a recuperación deste importante galardón turístico para unha das nosas praias máis senlleiras, como é a de O Torno”, explicou Manuela Méndez.

A edil de Medio Ambiente destacou que “este galardón ven facer verdadeira xustiza á excelente calidade que presentan na actualidade as nosas augas mariñas e aos importantes servizos turísticos que oferta a praia do Torno”.

Exit mobile version