Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo ampliará o prazo de xustificación de axudas concedidas a concellos

Lugo, 22 de xullo de 2015.- O deputado delegado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, José Pardo Lombao, adianta este mércores que a Xunta de Goberno do próximo venres aprobará unha proposta dirixida a ampliar os prazos de xustificación de axudas concedidas a concellos.

Pardo Lombao anuncia que se inclúe este asunto na orde do día en resposta ás demandas das administracións locais, que se están a atopar con dificultades no prazo límite establecido para a tramitación dos expedientes. En concreto, o órgano competente aprobará a prórroga de xustificación de varias obras.

O responsable da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos explica que as administración locais “están a vivir un ano complexo derivado da celebración dos procesos electorais e, polo tanto, en moitas ocasións sófrense retrasos nas tramitacións os expedientes e na execución dos proxectos”.

Pardo Lombao matiza que a pretensión do novo goberno da Deputación Provincial é que “ningún municipio perda as súas axudas, motivada en incumprimento dos prazos establecidos”. O deputado quixo transmitirse a súa tranquilidade a todos os Concellos e engade que esta proposta aplicarase ante calquera tipo de subvención ou axuda”.

Polo tanto, goberno provincial aséntase nunha liña de traballo coa que se cumprirá escrupulosamente a colaboración cos concellos e a través da que se busca facilitarse os trámites aos municipios.

Exit mobile version