Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo mostra a súa satisfacción pola decisión da UNESCO de declarar Patrimonio da Humanidade o Camiño Norte e o Camiño Primitivo

Lugo 5 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mostra a súa satisfacción pola decisión da UNESCO de declarar Patrimonio da Humanidade o Camino norte e Primitivo.

Elena Candia foi unha das primeiras en enterarse desta boa nova, xa que foi o propio Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, quen llo comunicou dende Boon.

Para Elena Candia é unha satisfacción que tanto a traza xa delimitada como as catedrais de Lugo e Mondoñedo e as dúas variantes, a que entra por Ribadeo e que entra por A Fonsagrada, teñan este recoñecemento.

A presidenta, que agradeceu o traballo de todos os que o fixeron posible, ve nesta decisión un recoñecemento internacional “ao noso patrimonio”, que agora ten “repercusión mundial”.

Exit mobile version