A Deputación Provincial de Lugo adxudicou a principios de mes os traballos de desbroce, que supoñen un investimento de 695.778 euros e cuxo desenvolvemento “estamos a planificar de xeito que priorizamos as zonas con alto risco de incendios, así como outras localizacións de maior demanda turística”.
Carreira di que “a día de hoxe estamos a actuar na maioría dos municipios da provincia, e o luns iniciaranse as labores nos poucos concellos nos que está pendente o inicio destas actuacións”. Dende a administración provincial prevese actuar durante estes tres meses nun total de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial.
“Dende que asumimos responsabilidades de goberno avanzamos, con prioridade, no proceso de tramitación dos expedientes de contratación das obras de desbroce de maleza nas distintas estradas provinciais, e planificamos as actuacións, que de xeito paulatino se iniciaron nas distintas zonas da provincia”, explica Carreira.
A Deputación de Lugo xa limpou 900 quilómetros de estradas provinciais e, “na actualidade, xa se desbrozaron todos os accesos as praias”, resaltou o deputado popular.