Site icon Crónica3.com A Mariña

A Dirección Xeral de Patrimonio, o Concello e a asociación Hijos de San Miguel de Reinante organizan este xoves unha visita guiada polo xacemento da Roda

Barreiros, 29 de xullo de 2015.- O Concello de Barreiros e a asociación benéfica cultural Hijos de San Miguel de Reinante colaboran na visita guiada, que organiza a Dirección Xeral de Patrimonio, e que se levará a cabo este xoves, 30 de xullo, a partir das 11 da mañá no xacemento da Roda. Os arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio, que estes días traballan no lugar, serán os encargados de explicarlle aos interesados os segredos do xacemento. A saída farase dende o Centro Cultural de Reinante.

A Roda é un xacemento arqueolóxico único en Galicia e mesmo en España: un círculo lítico da idade de bronce, similar a xacementos existentes nas illas Británicas e Irlanda, coñecidos como Henges. Crese que tiveron unha finalidad ritual, sexa de carácter político, social ou relixioso, e que constituían un punto de reunión para os habitantes da zona a comezos do segundo milenio a.C.

Exit mobile version