Máis alá do pseudobiográfico, o xénero breve goza dunha excelente saúde, como demostra esta aposta da editorial Seleer coa inclusión no seu catálogo desta autora patria nacida en Lugo con raíces maternas na Chaira lucense e asentada na Mariña de Lugo. Na obra de Rhodéa Blasón, xornalista de profesión, atopamos múltiples colaboracións
literarias en revistas e xornais, así como incursións en diversas antoloxías. Apaixóaa o xénero de terror, ao igual que o estilo costumista.
Recoñecida nos ambientes literarios polo seu ritmo literario, cautiva pola súa enorme sensibilidade. O libro está cheo de intriga con finais inesperados, é xa literatura recomendada en diversos institutos, e non en van vai pola segunda edición.