Site icon Crónica3.com A Mariña

A facturación das lonxas da Mariña incrementouse un 11 por cen no primeiro semestre do ano

Santiago, 03 de xullo de 2015.- As lonxas da Mariña lucense facturaron durante o primeiro semestre do ano un total de 54,8 millóns de euros polas vendas de peixe e marisco fresco, segundo datos de Pesca de Galicia. Esta cifra supón un 11% máis que no mesmo período do ano anterior, onde a facturación ascendeu a 48,9 millóns de euros.

O voceiro do Mar dos populares galegos salienta a importancia do incremento dos ingresos e do valor das capturas nas rulas lucenses ao tempo que se manteñen practicamente as capturas. Entre xaneiro e xuño movéronse nas lonxas da zona 20.541.238 quilos fronte aos 20.674.895 quilos do ano pasado, un tímido descenso do un por cento.

2015

2014

Lonxa

Quilos

Importe €

Quilos

Importe €

Burela

12.477.610,44

32.113.479,98

11.728.280,34

27.623.301,23

Celeiro

8.051.923,85

22.667.388,79

8.934.931,74

21.295.754,53

Foz

0,00

0,00

7,10

175,00

O Vicedo

3.156,90

10.693,83

3.026,91

6.195,57

Ribadeo

8.547,72

49.085,20

8.649,58

51.367,36

20.541.238,91

54.840.647,80

20.674.895,67

48.976.793,69

A lonxa máis importante da zona en termos de facturación e número de capturas foi Burela, seguida de Celeiro. Pero todos os pósitos excepto o de Ribadeo, rexistra un incremento do valor das vendas.

Os datos analizados se corresponden coas cotizacións efectuadas nos seis primeiros meses deste ano 2015, un período que aínda non contempla o groso da costeira do bonito que, no seu primeiro mes de campaña deixa unhas cifras que volven a superar as rexistradas en 2014, ofrecendo tamén maiores ingresos, con aumento de descargas e prezos medios.

Comercialización
Balseiro quixo poñer en valor a evolución positiva das lonxas da Mariña ao tempo que insistiu na importancia de seguir avanzando en novas estratexias de comercialización dos peixes e mariscos galegos que permitan achegar maior valor engadido ás capturas.

Exit mobile version