Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación “Galiza Cultura” apoia a manifestación do 25 de xullo e chama aos galegos e galegas a participar

23 de xullo de 2015.- O 25 de xullo, día da patria galega, é unha conmemoración que nos presenta a todos e todas a oportunidade de expresar a nosa lealdade á nosa Terra e a reivindicación dos dereitos democráticos fundamentais do noso pobo. Vivimos un momento no que o noso país sufre unha agresións brutal na súa base económica, no ámbito cultural vimos padecendo unha persecución da nosa lingua, a exclusión da nosa produción propia do apoio institucional e o abandono do noso patrimonio por parte dos poderes públicos, e principalmente un proceso de centralización e baleirado de competencias da Xunta que deixa a Galiza coas mans atadas en sen ningunha capacidade de decisión sobre o que lle é propio.

Nestas circunstancias, desde a Federación Galiza Cultura, aplaudimos a decisión dun grupo de cidadáns que lanzou a iniciativa dun Día da Patria aberto e unitario a quen defenda a nosa nación e os dereitos que lle son propios como tal. Por iso apoiamos esta convocatoria baixo o nome “A nación galega” e convocamos a todos e todas a participar na manifestación.

Exit mobile version