San Cibrao, 11 de xullo de 2015.- O Museo Provincial do Mar presenta unha serie de actividades que terán lugar no mesmo nos próximos días.
O máis cercano será o Obradoiro de Divulgación Científica no que participarán @s membros do Clube Pequeamig@s o martes 14 de Xullo entre ás 12:00 e as 14:00 h.
Na tarde do venres 17 de Xullo, ás 20:00 h, procederase á inauguración e presentación do libro de Otero Regal “A Maruxaina e outras sereas”.
Esta exposición, que se manterá aberta ata o 29 de Agosto, terá unha serie de actividades complementarias co calendario que segue:
-Sábado, 18 de xullo, 19:00 h.: Recital poético e musical: O canto das sereas, por Paco Rivas (poeta) e Lino Rico (compositor e intérprete)
-Sábado, 1 de agosto, 19:00 h.: Relatorio: Monólogo sobre mar, vida e sereas, por Otero Regal (premio Nacional de Artesanía 2011)
-Xoves, 6 de agosto, 19:00 h.: Relatorio: Contos e cantos de sereas, por Vicente Míguez (profesor e escritor)
-Venres, 21 de agosto, 19:00 h.: Relatorio: Sereas e faros, por Pablo Mosquera (médico e escritor)
-Sábado, 22 de agosto, 19:00 h.: Relatorio: Sereas, musas da arte, por Lorenzo González (catedrático de Artes Plásticas en Salamanca)
-Sábado, 29 de agosto, 19:00 h.: Relatorio: As sereas en Britonia, por Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro) e clausura da exposición.
Tamén, en relación a este ciclo, e coa mesma temática, haberá unha conferencia baixo o título “As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte”, a cargo de Xullo Pardo de Neyra, o xoves, 13 de agosto, ás 19:00 h.