Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de rehabilitación do casco antigo de Viveiro informa sobre a tramitación de axudas para obras de mellora nestes edificios

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro García, informa que se publicaba no Diario Oficial de Galicia, de data 21 de xullo de 2015, a orde pola que se estable unha liña de axudas, de concorrencia competitiva, para edificios de vivendas rematados con anterioridade ao ano 1981 e nos que o 70% das súas vivendas sexan destinadas a vivenda habitual.

As actuacións subvencionables son:
– Obras de conservación (cubertas, fachadas, azoteas, medianeiras)
– Obras de mellora da calidade e sustentabilidade (calefacción, aforro enerxético…)
– Mellora de accesibilidade (instalación de ascensores, rampas…)

O prazo para solicitar estas subvencións remata o 21 de agosto de 2015.

As persoas que desexen solicitar as axudas referidas ou realizar calquera consulta ao respecto poden achegarse á Oficina municipal de Rehabilitación do Casco Antigo de Viveiro (982 562 968), onde se proporcionará axuda e información ao respecto.

Exit mobile version