Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de turismo instalada en San Cibrao está aberta tódolos días da semana

Cervo, 14 de xullo de 2015. A oficina de turismo instalada en San Cibrao, concretamente no antigo Quiosco de Juana, está aberta ao público todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, explicou que este servizo municipal “está en marcha dende o día 1 deste mes e abrirá ata o 31 de agosto. Na oficina ofrécese información turística do municipio de Cervo, pero tamén dos atractivos que hai en toda a zona. Está funcionando ben, con moita afluencia de visitantes, no que inflúe que está moi ben situada”.

Exit mobile version