Site icon Crónica3.com A Mariña

A Policía Local de Burela conta cun novo vehículo para realizar o seu traballo

la foto 1Burela, 28 de xullo de 2015.- A Policía Local de Burela conta cun novo vehículo para realizar o seu traballo. O coche foille entregado ao Concello nun acto celebrado este luns en Lugo co vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Alí estivo o alcalde burelés, Alfredo Llano.

O rexedor asegura que “este vehículo ten as características necesarias e modernas que as actuais situacións de emerxencia esixen”.

Este novo coche, que foi presentado na mañá deste martes nas inmediacións do Concello, únese ao parque móbil co que conta a Policía Local de Burela e que está composto por varios coches e motos.

Exit mobile version