Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia do Torno acolle este sábado unha actividade de bautismo subacuático para maiores de 16 anos

CERVO, 3 de xullo de 2015. A praia do Torno acollerá unha actividade gratuíta de bautismo subacuático para maiores de 16 anos este sábado a partir das cinco da tarde. É unha iniciativa organizada polo Concello de Cervo e o Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo.

A concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Manuela Méndez, explicou que “está enmarcada dentro das actividades medioambientais que hai que facer este verán con motivo de ter bandeira azul na praia do Torno. Chámase bautismo subacuático e está dirixida a persoas maiores de 16 anos. Estamos moi contentos porque se esgotaron todas as prazas que había dispoñibles. Realizarse as 5 da tarde cun equipo de mergulladores que se somerxerán cos participantes dúas ou tres veces en quendas”.

Manuela Méndez engadiu que “vai ser mergullo con botella e os participantes van ver os compoñentes dos equipos de inmersión e recibirán nocións sobre bioloxía mariña a través dunhas charlas. Todo elo é coa finalidade de dar a coñecer o noso entorno mariño e, máis en concreto neste caso, o subacuático. E tamén ten como obxectivo fomentar a sensibilización cara a conservación do ecosistema mariño”.

Exit mobile version