
Burela, 21 de xullo de 2015.- O II Campus Mixto de Fútbol e Fútbol Sala Base de Cangas del Narcea arrancou este luns con medio cento de pequenos futbolistas de entre 6 e 17 anos, que gozarán de moito deporte, pero tamén de xogos e excusións ata o sábado, baixo a organización do Concello e a SD Narcea e a coordinación da Fundación Imdecum e o secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube.