Site icon Crónica3.com A Mariña

A tenda de artesanía Maravalla acolle un taller de arxila polimérica no verán

Ribadeo, 8 de xullo de 2015.- Os afeccionados á bixutería e á artesanía na Mariña teñen unha oportunidade para aprender un pouco máis a través dun taller de arxila polimérica que terá lugar na tenda de artesanía Maravalla de Ribadeo. Celebrarase os mércores e xoves de 12.00 a 14.00 horas no mesmo establecemento da rúa San Francisco, nas Galerías Reinante, que desde 2013 vende artesanía elaborada por artistas da zona.

O taller comeza o 15 de xullo e está aberto a todos os públicos. Os horarios son flexibles e permiten tanto a asistencia durante 1 hora, como 2 ou 3, en función das necesidades e do tempo do alumno. Os interesados poden atopar máis información sobre o curso no local da rúa San Francisco, a través da páxina web da tenda www.maravalla.com ou no teléfono 982 129 866.

A arxila polimérica é unha pasta moldeable moi usada en bixutería e decoración, xa que lle se pode dar forma facilmente. A figura resultante se endurece tras cocela nun forno.

Exit mobile version